18/02/12

Santiago Domínguez gañou o Torneo Semanal

Santiago Domínguez gañou o segundo torneo do circuito. A modalidade era o de "rei de vacacións" que consiste en ter o Rei fora do taboleiro ata que a súa casa inicial sexa atacada.
En calquera caso pode que como no caso do xadrez atómico caiga dos calendarios futuros.
A próxima semana teremos de novo xadrez normal.
A victoria de Santi o leva a encabezar o circuíto, desaloxando da primeira praza a Diego Medín.

Clasificación da semana:
1. Santiago Domínguez
2. Daniel Codesido
3. Ernesto Pérez
4. Manuel Andión
5. Diego Medín
6. José Manuel Andión

Clasificación do circuito:
Santiago Domínguez, 10 puntos (2 Torneos)
Ernesto Pérez, 9 puntos (2 Torneos)
Diego Medín, 8 puntos (2 Torneos)
Daniel Codesido, 8 puntos (2 Torneos)
Manuel Andión, 4 puntos (2 Torneos)
Héctor López, 2 puntos (1 Torneos)
José Manuel Andión, 1 puntos (1 Torneos)

17/02/12

Segundo Torneo do Circuíto: Torneo de Xadrez Vacacións

Hoxe ás 20,00 teremos o segundo Torneo do Circuito.

A modalidade é o de Rei de Vacacións.

É moi sinxelo. Os dous bandos escomezan a partida sen Rei.

Pero cando o bando oposto ameza e1 ou e8 (onde deberían ter escomenzado) no seguinte movemento o bando atacado coloca o Rei na casa do taboleiro que considere oportuno, sempre que non estea ameazada.

Veremos que tal resulta...

16/02/12

Escola de Xadrez da Universidade

Seguimos analizando partidas de Santi e algunha cousa mais. Animamos a todos a participar nesta actividade. Tras a clase do Entroido iniciaremos o Torneo Universitario anual.

(Asistentes: Isidro A., Juan A., Manuel A., Manuel F. Santi D.)

13/02/12

ESCOLA TÉCNICA DE XADREZ - CIDU
JORGE GRAÑA LOIS 1 - SANTIAGO DOMINGUEZ FERNANDEZ 0
PEDRO SUAREZ CASAL 0 - DIEGO GARCIA-MUÑOZ VAQUERO 1
RICARDO VILARIÑO GESTAL 1 - ALBERTO MIGUEL LOPEZ LOUREIRO 0
ALBERTO SANCHEZ BARDANCA 1 - ALFONSO CAMARERO ALBANDOZ 0
TOTAL 3 - 1

GILLÁN-EL PROGRESO "A" - CIDU-UNIVERSIDADE
FRANCISCO LUIS ABELLA CRUZ 0 - JESUS RODRIGUEZ CASTIÑEIRAS 1
JOSE ANTONIO CRUZ CAMBON 0 - LUIS EDISON PATIÑO LOPEZ 1
ANGEL RUBIO GRANADOS 0 - MANUEL ANTONIO GARCIA FERNANDEZ 1
LUIS PENAS CABALEIRO 0 - DANIEL CODESIDO SANCHEZ 1
TOTAL 0 - 4

O CIDU en primeira é décimo en zona de promoción polo descenso. En Segunda é quinto.

11/02/12

Diego Medín gaña o primeiro Torneo do Circuito

Diego Medín gañou o primeiro torneo do circuito.

Clasificación da semana:

1. Diego Medín
2. Ernesto Pérez
3. Santiago Dopmínguez
4. Daniel Codesido
5. Héctor López
6. Manuel Andión

Clasificación do circuito:


Diego Medín, 6 puntos (1 Torneos)
Ernesto Pérez, 5 puntos (1 Torneos)
Santiago Dopmínguez, 4 puntos (1 Torneos)
Daniel Codesido, 3 puntos (1 Torneos)
Héctor López, 2 puntos (1 Torneos)
Manuel Andión, 1 puntos (1 Torneos)

09/02/12

Circuíto de Torneos de Rápidas dos Venres

Anunciamos o Circuíto de Torneos dos Venres:


Circuíto 2012

* 10 de febreiro: Torneo de xadrez.
* 17 de febreiro: Torneo de xadrez vacación.
* 24 de febreiro: Torneo de xadrez.


* 02 de marzo: Torneo de xadrez marsellés.
* 09 de marzo: Torneo de xadrez.
* 16 de marzo: Torneo de xadrez de San Xosé. Escaramuza.
* 23 de marzo: Torneo de xadrez.
* 30 de marzo:  Torneo de Masacre de Peóns.

* 13 de abril: Torneo de xadrez.
* 20 de abril: Torneo de xadrez en progresión.
* 27 de abril: Torneo de xadrez.

* 04 de maio: Torneo de xadrez come-come
* 11 de maio: Torneo de xadrez.
* 18 de maio: Torneo de xadrez non me gusta.
* 25 de maio: Torneo de clausura. Final do Curso.

Aspectos organizativos

As modalidades poden verse no libro “O Taboleiro Lúdico”, editado por AGAX na Colección de Libros de Peto de Asencudega.


1.- Os torneos empezarán os días sinalados ás 20,00 horas.
2.- Os torneos disputaranse por Liga ou suízo a 5 roldas. Inscripcións limitadas pola sala.
3.- Ritmo de xogo de 5 minutos por xogador.
4.- Cota de participación de 1 euro por participante e torneo. 
5.- O campión de cada torneo recibirá unha camisola de agasallo.
6.- Realizarase unha clasificación da totalidade do circuíto. Os participantes recibirán puntos segundo a súa clasificación e o número de participantes. Os tres primeiros clasificados ao final do circuíto recibirán un trofeo.
7.- Ademais pola súa participación, haberá agasallos segundo o número de torneos xogados.