11/03/08

Campionato Galego Universitario

A sección de xadrez da Universidade da Coruña organiza o II Campionato Galego Universitario de Xadrez na súa doble modalidade para xogadores con e sen ELO.

A proba celebrarase o 11 e 12 de marzo nas instalacións do Estadio Universitario no Campus de Elviña.

Os representantes das tres universidades galegas xogarán sete partidas por sistema suizo.

O ritmo de xogo será de 30 minutos con incremento de 30 segundos por xogada.

Roldas do día 11:
16,00, 17,50 e 19,40

Roldas na mañán do día 12:
10,00 e 12,00

Roldas na tarde do día 12:
16,00 e 18,00

Clausura da actividade: Mércores día 12 ás 20,00.

A proba conta coa axuda da Dirección Xeral de Deportes e a colaboración da Asociación Galega de Axedrecistas (AGAX) e o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU).