26/11/10

Afiliación da temporada 2010-2011

Xa podedes descargar no noso web a folla de afiliación para a temporada 2010-2011.

As cotas variaron e para algúns serán máis caras e para outros algo máis baratas.

Debido aos problemas de afiliación da temporada pasada (algúns aínda sen resolver) prégase a maior rapidez en entregar a folla cuberta, xa que o CIDU non federará a ninguén sen ter a situaciónd e cada un regularizada.

COTAS 2010-2011

- Socio de número (nomeados pola Asemblea).
Cota anual: 30 euros
- Socio simpatizante (maiores de idade).
Cota anual: 30 euros
- Socio aspirante (menor de idade).
Cota anual: 15 euros
- Socio familiar (familiar menor de idade dun dos socios de número).
Cota anual: 2 euros

COTAS REBAIXADAS.

- Socio de número (socio de Palaestra ou membro da Universidade da Coruña correctamente inscrito).
Cota anual: 20 euros
- Socio simpatizante (socio de Palaestra ou membro da Universidade da Coruña correctamente inscrito).
Cota anual: 20 euros
- Socio aspirante (socio de Palaestra).
Cota anual: 5 euros

Na folla de afiliación aparece tamén a posibilidade de facerse socio das dúas entidades coas que colaboramos; a S.C.D. Palaestra e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX).

Co inicio do mes de nadal, os xogadores que non estean ben inscritos na sección de xadrez da Universidade ou sexan membros do CIDU non poderán tomar parte nas actividades da Escola Universitaria (salvo no caso dos torneos, pero con cota máis elevada, tal como xa anunciaramos ao avisar do circuíto).