11/07/11

Santi Dominguez gaña o torneo semanal

Santi Dominguez gañou o Torneo semanal, empatado a puntos con Ernesto Pérez.
Posiblemente este sexa o derradeiro torneo no CUR por unha temporada xa que ata mediados de agosto recupera o seu horario cotián e polo tanto hai que sair ás 21,30.
Seguramente teñamos que facer en xullo e agosto actividades noutros sitios.

Clasificación do Torneo.

1. Santi Domínguez
2. Ernesto Pérez
3. Florencio González
4. Héctor López
5. Luis Carlos Martínez
6. Manuel Andión