16/12/13

Intensos Torneos provinciais. A vindeira semana os dous restantes.

Rematados a maioría dos torneos provinciais é momento para ir facendo as valoracións das probas e pedir disculpas polo exceso de ruído ao mezclar tantas categorías.
Aínda que teñamos como disculpa o elevado número de inscritos o certo é que teremos que valorar como facer unha proba mais cómoda cando voltemos a organizar algo semellante.
Así como a nosa intención e manter a organización da Copa Galicia todos os anos que poidamos, no caso dos provinciais o mais normal e que non os realicemos de novo nuns anos, pero as críticas serán ben atendidas.
En calquera caso polo de agora quedou estabrecido unha nova marca de participación como referencia para os futuros organizadores.

Por outra banda mais sinxelos de organizar serán os Campionatos Provinciais sub18 e sub14 que desenvolveremos no seguinte horario:

Día 21: 12:15*, 16:00, 18:15 horas.
Día 22: 10:00*, 12:15, 16:00 e 18:15 horas
Lembramos a importancia de comprobar esta web para saber o calendario definitivo, xa que as roldas marcadas con asterisco poderían no ter lugar según o número de participantes.

Aproveitando a celebración dos zonais a S.C.D. Palaestra e o Cículo de Artesanos organizarán o LXV Torneo de Navidad para todos os interesados. Un Torneo que será a cinco roldas e que se disputará no seguinte horario:
Día 21: 16:00, 18:15 horas.
Día 22: 12:15, 16:00 e 18:15 horas