28/02/14

A Copa Galicia de novo na Coruña

Acabamos de recibir a comunicación por parte da Federación Galega de Xadrez de que o noso Club será de novo (por terceira vez consecutiva) o organizador da Copa Galicia. O éxito das edicións anteriores permiten manter esta actividade no noso calendario.

O pasado ano a asemblea da Fegaxa acordou cambiar as datas de celebración da Copa que pasa a realizarse a partir de agora no mes de abril, pouco despois do remate da Liga.

Deste xeito a celebración a finais de abril desta competición vai coincidir practicamente co XX Aniversario do CIDU que se celebra o día 1 de maio.