26/09/15

Guía práctica para o xogador de club

Acaba de publicarse na colección Libros de Peto de de ASENCUDEGA o libro "Guía práctica para o xogador de club", escrito por Santiago Domínguez, xogador do CIDU. Podes adquirir un exemplar nas nosas actividades.

O libro é froito dunha iniciativa da Asociación Galega de Axedrecistas apoiada pola Deputación da Coruña e é un compendio de todos os coñecementos que debería ter un xogador de club medio, pero que, por desgraza, non todos teñen. É un libro de mínimos, algunhas cousas soarannos familiares e outras nos soarán a chinés. Así saberemos onde estamos máis frouxos e onde deberemos mellorar.

O libro está escrito para non ter que usar o taboleiro en ningún momento, polo que se pode ler na cama, na praia, no autobús...Todas as posicións que hai que ter en conta veñen nos diagramas. Ademais unha gran parte do libro son consellos, recomendacións, conceptos, historias, etc. nos que non tes que ter en conta ningunha posición nin ningunha partida.

Aquí podes ver un vídeo de presentación sobre o libro:

video