24/10/16

A xogar na ponte!

Este fin de semana temos un auténtico maratón de xadrez.
Nos próximos anos este torneo se celebrará sempre a finais de abril ou principios de maio coincidindo co Aniversario do CIDU.

Teredes torneos o venres, sábado, luns e martes.

TORNEO PRINCIPAL. SÁBADO 29 ÁS 17,00
No Sporting Club Casino. 5 Roldas: 17,00 – 17,45 – 18,30 – 19,15 – 20,00 (partidas a 20 minutos)
Categorías: Absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub8.
Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para todos os sub14.
A cota de participación é de 4 euros.

TORNEOS COMPLEMENTARIOS

TORNEO ANIVERSARIO INCUDE
Venres 28 no Sporting Club Casino ás 20,00. 5 Roldas (partidas a 5 minutos)
Unha única categoría. Trofeo para o primeiro clasificado. A cota de participación é de 1 euro.

TORNEO DAMA DO LAGO
Sábado 29 no Centro Universitario de Riazor ás 12,00. 5 Roldas (partidas a 5 minutos)
Unha única categoría. Trofeo para o primeiro clasificado. A cota de participación é de 1 euro.

TORNEO SAMAIN
Luns 31 no Sporting Club Casino ás 20,30. 5 Roldas (partidas a 5 minutos)
Unha única categoría. Trofeo para o primeiro clasificado. A cota de participación é de 1 euro.

TORNEO TÓDOLOS SANTOS
Martes 1 no Sporting Club Casino ás 20,30. 5 Roldas (partidas a 5 minutos)
Unha única categoría. Trofeo para o primeiro clasificado. A cota de participación é de 1 euro.

TORNEO ONLINE DA UDC
O venres 28 finaliza o prazo para anotarse. O día 1 anunciaranse as roldas.
Unha única categoría. Trofeo para os tres primeiros clasificados. Non hai cota de participación.

E para celebrar a ponte haberá mais actividades lúdicas na ponte organizadas por INCUDE.