24/03/17

TORNEO DE XADREZ CLUB LUDO

Nome do Torneo: TORNEO DE XADREZ CLUB LUDO

Data: 2 de abril de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluto, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.


Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Partcipantes: Máximo 100

Inscricións: Abertas ata o xoves 30 de marzo. Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 3 euros.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo. A cota federativa é de so 3 euros ao ano para os menores de 14 anos e de 12 para o resto.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

14/03/17

Torneos Escolares As Mariñas

Un ano mais os rapaces dos nosos equipos e escolas xogarán unidos en "Xadrez das Mariñas" no torneo escolar da Xunta.
Se celebra os domingos 19 e 26 de 10,00 a 13,00

Mais info

10/03/17

Xogadores do Calasanz

Ampliamos a base dos equipos coa incorporación de estudantes do Calasanz.

Para eles temos a seguinte enquisa.

Preme aqui. (so para os novos xogadores do Calasanz)

02/03/17

Torneo de Entroido


Algúns dos asitentes ás clases pasaron por ali.
Todas as clasificacións na web de Palaestra (www.palaestra.net) e fotos no Facebook.

01/03/17

Calendario marzo

Sábado 4 de marzo

Iniciativas - Carballo
Exalcoholicos - CIDU
Riazor - Exalcoholicos

Sábado 11 de marzo

ELX Lugo - Iniciativas
CIDU - Macondo
Perillo - Riazor

Sábado 18 de marzo

Iniciativas - Absolut Attack
Macondo - CIDU
Riazor - TDFC

Domingo 19 de marzo

Pola mañán Torneo Escolar zona das Mariñas en Cambre.

Sábado 25 de marzo

Artesanos - Iniciativas
CIDU - Peña
Bóveda - Riazor

Domingo 26 de marzo

Pola mañán Torneo Escolar zona das Mariñas en Cambre.

Pola tarde Torneo Ludo para todas as categorías no Sporting Club Casino (rúa real)

Podes comprobar se hai algún erro no calendario oficial en www.fegaxa.org