03/07/18

CURSO ORGANIZADOR TORNEOS

ORGANIZACIÓN DE TORNEOS DE XADREZ E ESPORTS
CURSO DE VERÁN DA UDC

Centro Universitario de Riazor. 11, 12 e 13  de xullo. 16,30 - 20,30 horas.
Prezo: Xeral: 50 € / Prezo reducido: 30 € (estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC, socios da Asociación Galega de Xadrecistas AGAX).

Os participantes poderán recuperar o importe da matrícula colaborando en actividades de AGAX durante 2018 (información en correo@agax.org).
Prazo de matrícula: do 16 de maio ata o 5 de xullo

Anotacións e mais información en: https://www.udc.es/gl/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/Cursos2018/8curso2018/index.html

02/07/18

TORNEO NO ASALTO AO CASTELO EN VIMIANZO

XORNADAS IRMANDIÑAS. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.

Torneo amigable de Xadrez, de 12,00 a 13,00 na Praza.
Ao estilo do que se fai no Día da Ciencia na Rúa.

E para os interesados, INCUDE organiza unha excursión.

Saída dende o Centro Universitario de Riazor. Sábado 7 de xullo. Todo o día dende as 9,30.

Colaboración coa festa do asalto ao castelo de Vimianzo (www.asaltoaocastelo.org)

INCUDE fará unha presentación do seu xogo Irmandiños, e haberá ás 11,30 un torneo de partidas rápidas de xadrez e de Clash Royale.

Aproveitaremos o día para achegarnos a algún sitio de interese como Dombate.

Cota: Actividade libre (se hai xente interesada poñeríamos un bus por 15 euros).
Anotacións en: incude@udc.es