03/01/21

COTAS SOCIAIS 2021 E FEDERACION

Este ano vai ser seguramente, como o pasado, complicado para as competicións oficiais da Federación Galega de Xadrez.

A Federación proxecta iniciar a Liga no mes de marzo, segundo como teñamos a situación da COVID, pero nos próximos días teremos que indicar o número de equipos que imos presentar a esta competición.

Así que aproveitamos a renovación das licenzas, para facer unha enquisa (collimos gusto por elas co confinamento) e saber os interesados en xogar e as condicións.

Lembramos que contar coa licenza federativa é obrigatorio para participar en prácticamente todas as actividades que realizamos.

A cota conxunta de socio en CIDU e INCUDE é de 25 euros. Este ano non teremos cota reducida para asistentes á escola.

Os socios este ano recibirán:

1. Licenza da Federación Galega de Xadrez.
2. Camisola do CIDU.
3. Máscara lavable con motivo de xadrez.
4. Salvaorellas.
5. Pequena folla informativa mensual con exercicios de xadrez.
6. Bote de xel desinfectante para levar ás partidas.

Agradecemos que fagades a inscricion pronto polas peculiares características deste ano e saber cantos equipos podemos presentar. 



Coa colaboración do