30/03/21

Ultima fase do VIII Torneo Online da UDC

Tres xogadores loitan nestes días pola posición final no Torneo Online da UDC. Son o vixente campión Diego Medín, o vixente subcampion Roberto Serrano e Rodrigo Pena. Un ex-alumno, un PAS e un alumno. 

42 xogadores teñen tomado parte deste Torneo que se iniciou a principios do mes de decembro de 2020.

En canto remate probablemente convocaremos a segunda edición do Torneo da UDC na variante de xadrez 960.

16/03/21

Rodrigo Pena vence no último torneo e gaña o Circuito

O Circuito de Inverno finalizou este venres coa última proba que tivo como vencedor ao estudante de socioloxía Rodrigo Pena (RoiandRoll).

O Circuito de Primavera será entre abril e xuño e avisaremos do seu inicio neste mesmo espazo.

Clasificación final:



10/03/21

PENULTIMA PROBA DO CIRCUITO

O Circuito de Inverno de rápidas achégase ao remate.

O pasado venres tivemos a penúltima proba na que puag quedou por diante de RoiandRoll.

No circuito este último ten 4 puntos de ventaxe polo que só perdería esta condición en caso de non puntuar e que puag volvese a gañar. Un total de 16 xogadores aparecen xa na clasificación do mesmo.

Último torneo do Circuito: https://www.chess.com/play/tournament/2144011

02/03/21

CIRCUITO DE INVERNO

RoiandRoll gañou no torneo do venres no que se recuperaba o circuito.

Os tres integrantes do podium son tamén os tres que lideran o circuito a falta de dous torneos para remate do mesmo.




Próximo torneo, venres 5 ás 21,30. https://www.chess.com/live#t=2107217