07/04/25

Xogade e Torneos 2025

O sábado pasado tivemos a fase intercomarcal de Xogade. Xogadores da Escola formaban parte de seis dos doce equipos que se clasificaran para o encontro... non estaba mal.

En canto aos resultados:
Categoria Benxamin. O XDM con tres xogadores das nosas escolas campión, o CIDU, con tres xogadores das nosas escolas Subcampión.
Categoría Alevín: No segundo equipo un xogador e dous no terceiro.
Categoría Infantil: Catro xogadores no terceiro e dous no cuarto. 

En principio con estes resultados so participarán na fase provincial os xogadores do XDM en Benxamin. Resumindo a cousa foi bastante ben pero tamén vimos cousas a mellorar que intentaremos facer para o próximo curso.

Por outra banda, rematado Xogade e con só dúas roldas mais da Liga, temos que anunciar a nosa importante serie de torneos. Estes son os que agardamos realizar neste 2025.
Quedaría o Torneo de Outono que facemos normalmente na primeira quincena de novembro.

Torneos duplicados nos dous campus:

Campus da Coruña:

1. Torneo Aniversario do CIDU. 1 de maio.
Ritmo: Rápidas
Realizarase conxuntamente co Torneo Universitario de Partidas Rápidas. Iniciado en 1992.

2. Torneo Día das Letras Galegas. 17 de maio.
Ritmo: Blitz
Válido para ELO FIDE

3. Torneo Xornada de Benvida á UDC. En data a determinar pola UDC. (Previsto Setembro).

Campus de Ferrol:

4. Torneo Cariño, Mes de Xullo.
Ritmo: Rápidas

5. Torneo Odeón - Narón. Finais de xuño.
Ritmo: Blitz
Válido para ELO FIDE
Realizarase conxuntamente co Torneo Universitario de Partidas Lóstrego.  Iniciado en 1992.

6. Torneo Xornada de Benvida á UDC. En data a determinar pola UDC. (Previsto Setembro).

Probas non duplicadas:

7. Torneo Asalto ao Castelo de Vimianzo. Primeiro sábado de xullo.
Ritmo: Blitz. Inclúe tamén torneo online.

8. Torneo promoción. En lugar e data por determinar.
Ritmo: Blitz
Actividade para difundir o xadrez e dar a coñecer o xadrez universitario.

9. Torneo Universitario. Iniciado en 1990. Previsto outubro e novembro
Dende curso 2024-2025 empeza a realizarse nos primeiros meses do curso para no posible non coincidir con exames e dar tempo á posible selección para Campionato de España Universitario.
Ritmo: Standard. Torneo a rolda semanal. En principio venres de outubro e novembro

10. Torneo Aniversario INCUDE. Xa realizado no mes de xaneiro.

11. Torneo de Verán Universitario. Previsto mes de xullo.
Ritmo: Standard. Torneo de luns a venres. Valedeiro para ELO FIDE.

04/04/25

Actividade 4 e 5

Chegamos abril, que veu coas típicas e tópicas choivas e temos estes días as seguintes actividades:

Hoxe venres abrimos no CUR ás 19,30. Bó momento para ir adestrar para as partidas do sábado.

O sábado teremos de mañá a fase intercomarcal de Xogade.

Así as 11.00 temos convocados a moitos dos nosos rapaces da escola, que xogarán nas tres categorías para pasar a fase provincial. Sorte para eles. 

Pola tarde temos liga:

ROLDA-9 05-04-2025
TDFC dulce - CIDU INCUDE PIZZA MOVIL
REGATAS DE PERILLO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Aínda que en principio os dous equipos xogarían fora da casa, Regatas Perillo pediu xogar no CUR por non estra disponible Vila Concepción.

E lembramos que imos iniciar o Torneo Online? Apúntate xa!.

28/03/25

Actividade 28 e 29 de marzo

Nova fin de semana e distintas actividades para o xadrez universitario e os socios do CIDU.

Como xa verías na noticia anterior aos membros da escola de xadrez non lles foi de todo mal na competición da Xunta - Xogade. E para adestrar este sábado teremos adestramento especial.

Paralelamente o sábado pasado o CIDU presentou un equipo completamente sub18 nun dos seus encontros da Liga de Segunda (os da foto) que se saldou con vitoria dos nosos representantes.

Hoxe venres abrimos no CUR ás 19,30 e agardamos facer a entrega do Circuito de Inverno das semanas pasadas e iniciar o Novo Circuito de Primavera coas mesmas bases.

O sábado teremos aos dous equipos xogando xuntos na casa, por última vez nesta liga:

ROLDA-8 29-03-2025
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - ESCOLA XADREZ CLUBEXA A
CIDU INCUDE PIZZA MOVIL - AIR-HOSTESS A

Para os rapaces de Xogade, ás 17,00 comezará no Centro Comercial Los Rosales o Torneo de Clausura da Liga Escolar (para os que participaron en xornadas anteriores nesa proba) e ás 18,30 para todos haberá un adestramento especial no mesmo espazo. Lembrar que a fase seguinte de Xogade será o sábado 5 ás 11,00.

E sabes que temos o Torneo Online? E para universitarios pero tamén para os socios do CIDU. Se queres xogar aínda estás a tempo.

24/03/25

Resume actuación Xogade

Na pasada fin de semana tivemos a segunda e última xornada do programa de deporte escolar da Xunta - Xogade.

Tal como fixemos a semana pasada; aqui vai o resumo.

Xogade na Coruña

Categoría Cadete: Como xa comentaramos seguimos sin saber se hai ou non proba. Esta semana a Xunta nos enviou o convenio coa Federación Galega de Xadrez e díxonos que lle pediramos á Fegaxa de facelo. Por agora non temos mais noticias.

Categoría Infantil: Como xa contaramos o CIDU clasificara xa sen rivais.

Categoría Alevín: A semana pasada comentamos o duro que sería clasificarse na nosa alianza co  novo club Coruña. Pero logramos quedar primeiros por medio punto cos nosos xogadores Diego e Darío. O TDFC, onde xoga Xabi, que é alumno, tamén pasa como mellor segundo dos distintos grupos.

Categoría Benxamin: O equipo CIDU Benxamin liderou a categoría ata a última rolda. Todo estaba ao noso favor con 1,5 punto de ventaxe, pero na última partida non gañou ningún dos nosos xogadores. Afortunadamente pasan como mellor segundo.

Xogade en Cambre

Como xa sabedes varios clubs colaboramos nesta proba e a Escola aporta o grupo maioritario.

Categoría Infantil: O equipo iba segundo a semana pasada e así rematou. Afortunadamente pasa como mellor segundo.

Categoría Alevín: Aquí estivemos lonxe de clasificar e ademais algún dos nosos xogadores non podía acudir nesta última xornada. 

Categoría Benxamín: í Nesta categoría contánase con gañar claramente a así foi. Tres xogadores acabaron con todos os puntos. Os mellores da nosa escola foron Nuno, Iker e Manu.

Categoría Prebenxamin: No torneo amigable de categoría sub8 o campión con ningunha derrota foi Pa Pablo. Noraboa!

Resumindo... Non hai quiexa. Se vedes o cadro dos clasificados, pois seguimos a ser a escola que mais clasifica a pesar de ser a menos numerosa das grandes. 

E agora?

Pois o sábado 5 de abril pola mañá é a fase intercomarcal. Pregunatremos pronto por disponibilidade.

E para adestrar faremos unha xornada especial o vindeiro sábado 29 nos Rosales, con Torneo e algunha cousa mais. Ide reservando a tarde!

19/03/25

Torneo Online Lentas 2025

BASES DO TORNEO

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, (non é necesario facer pagos para facela), e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil existentes.

3. O torneo dará comezo o 1 de abril de 2025. Todos os participantes deberán ser mebros do equipo UDC (https://www.chess.com/club/udc). De non ser membro poden enviar un correo electrónico a  incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo (ou a condición de socio do CIDU) e usuario en chess.com

4. A inscrición é gratuíta e o límite de inscritos este ano será de 25.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. 

6. O ritmo de xogo será de dous días por xogada para toda a partida, sen dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o habitual en chess.com.

8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. 

9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo para o primeiro clasificado. Taza do Club para os tres primeiros.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.