04/05/10

Primeira xornada do Campionato de España


A reducción nun día de xogo deste Campionato o converte case nunha maratón con partidas ás 10, 12, 16 e 18,00.

A organización falou moito de "tolerancia cero" e a pesar diso houbo as lóxicas festas en habitacións e partidas no Casino que está pegado ao Hotel, onde algún deixou un poucos cartos.

A primeira rolda as 10,00 non provocou moitos problemas para os nosos xogadores. As normas da FIDE sobre presentación nas partidas quedaron estabrecidas en dez minutos e algún estivo a piques de sobrepasalos por non atopar as mesas.

Nas mesas o material é maioritariamente... ¡da Federación Galega!. Estamos aqui en León e a maioría dos reloxos e taboleiros teñen o logotipo da Fegaxa e da Xunta.

O único destacado na parte positiva é a imbatibilidade de Pablo Fernández, que leva tres puntos e medio. Tone debería ir parecido pero roubaronlle a primeira partida. Deulle ao reloxo (que non era dos galegos) pero o tempo lle seguiu correndo e o rival botou a pensada ata cantar bandeira. Segundo Tone, gañou as catro partidas do día, pero a clasificación di outra cousa.

É a unha da mañá, internet por fin funciona aínda que sexa mal, neste hotel (ata agora foi imposible, pero se nota que a xente xa foi de festa e desconectou os innumerables ordenadores) e os nosos xogadores están todos concentrados no Casino.