09/05/11

Campionato de España Universitario - 4ª Rolda

A rolda última do día foi a peor da xornada.Tan só Pablo Aboy logrou a victoria. Pablo Fernández mantén a súa imbatibilidade tras unhas táboas e os demais perderon.
So un mísero 30% de eficacia na cuarta rolda.

Mais sobre o acontecido na primeira mesa da rolda anterior.
Xa calmados un pouco os ánimos, todo parece un pouco surrealista no incidente que comentabamos no post anterior. Na partida da primeira mesa, entre o GM Daniel Alsina da Universidade de Barcelona e Miguel Senlle da Uned, chegando ao final de pronto Miguel decátase de que cando intres antes so tiña uns poucos segundos, está tendo cinco minutos mais, o mesmo que o seu rival
Para o reloxo e chama ao arbitro
O GM Alsina dille ao arbitro auxiliar que o seu rival perderea por tempo.
O Arbitro quítalle a razón e manda continuar a partida.
Algo de discusión
Intervención do Arbitro Principal e punto para Alsina.
Como é posible que un xogador reclame unha caida de bandeira sen estar a bandeira caìda?
Como un árbitro que non está presente pode darlle a razón e quitarlle o punto ao xogador que para o reloxo e pide unha explicación sobre os tempos?
Como un comité de competición pode darlle a razón á decisión do árbitro?
Isto quizais poda pasar nun torneo amistoso, pero parece increíble que aconteza nun Campionato de España. Logo andarán discutindo parvadas anecdóticas, cando hoxe aqui parece
Todo o que lle paguen a este árbitro é un exceso.

En calquera caso os 3,5 puntos de Pablo Fernández, os 3 de Tone e os 2 de Pablo Aboy colocan á Universidade da Coruña no posto 7º das Universidades ao rematar esta dura xornada.