26/11/12

Xuntanza do CIDU

Reunidos no CUR o 23 de novembro, os membros do Club decidiuse a repartición dos xogadores nos dous equipos do CIDU na Liga Galega.

Tamén foron marcados os nomes definitivos dos equipos, que serán CIDU e CIDU-Universidade. Os delegados dos equipos serán Diego García-Muñoz e Daniel Codesido respectivamente.

Vistos os gastos que ocasionará a liga, estableceuse unha cota anual (2012-2013) de 25 euros e iniciouse o cobro da mesma por parte do tesoureiro Daniel Codesido.

Estiveron presentes na xuntanza os directivos Ernesto Pérez, Diego García-Muñoz, Santiago Domínguez, Daniel Codesido e Luis Patiño e tamén os socios Alfonso Camarero, Daniel Mayo e Isidro Alfaro.