24/12/15

CURSO PARA OS MAIS INEXPERTOS

Ante o inicio da Liga Galega de Xadrez 2016 este ano imos realizar unha actividade especial para os mais inexpertos.

Temos un novo espazo en colaboración con AGAX onde dende o 25 de nadal ata o 23 de xaneiro iremos publicando algunhas cousas a diario.

Queres competir cos vosos compañeiros?

As entradas aparecerán ás 15,00 cada día e as solucións poderán enviarse ao correo que se indicará en cada entrada.

O blog é de acceso restrinxido... asi que se es xogador do CIDU e queres particiopar, simplemente envíanos o teu correo electrónico de gmail é daremos acceso ao blog.

Envianos o teu correo a cidu@xadrezuniversitario.org

E a participar dende o 25 ás 15,00