29/06/17

Piso de Xadrecistas

Para o vindeiro curso 2017-2018 temos unha novidade; O Piso de Xadrecistas.
Se xogas e queres participar no noso equipo, se non xogas pero queres aprender e axudarnos coas nosas actividades, tes aquí a túa oportunidade.
E mesmo se sodes un grupo xa conformado para ir a un piso e queredes colaborar, podedes facelo.
PISO DE XADRECISTAS
Este programa xorde por iniciativa de INCUDE e consiste nun programa básico que favorece o aloxamento compartido entre xadrecistas universitarios do Campus da Coruña.

Non é necesario contar cun nivel alto de xogo, simplemente participar no equipo de xadrez de INCUDE e colaborar coas actividades da nosa entidade.
Mesmo é posible participar no caso de non xogar ao xadrez pero estar disposto a aprender.

O obxectivo do programa é o de promover e facilitar a convivencia e relación solidarias entre xadrecistas que sexan estudantes da Universidade da Coruña.
Como obxectivo secundario búscase contar cun pequeno espazo para fomentar actividades de xadrez e doutros xogos de taboleiro.
Axuda:
INCUDE asumirá algúns dos custos de subministros do piso de estudantes, tales como seguro, internet, electricidade ou auga.  Mesmo nalgunhas ocasións podería incluir alimentos.
A cuantía e duración da axuda estará determinada pola implicación dos residentes nas actividades de INCUDE, non incluíndo nunca o propio aluguer que deberá estar ao nome dos residentes.

Destinatarios:
O programa vai dirixido a estudantes maiores de 18 anos e menores de 35 anos con matrícula nalgunha das titulacións oficiais do  campus da Coruña.
Será requisito imprescindible participar no equipo de xadrez de INCUDE na tempada 2017-2018, o que lles obrigará a dispoñer dalgunhas  horas  ao mes para contribuir á realización das actividades propias de INCUDE.

En caso de existir vacantes poderán solicitar participar nesta actividade exalumnos da UDC menores de 30 anos e outros xogadores do equipo de xadrez do CIDU.
Duración:
O acordo terá unha duración dun curso académico coa posibilidade de  prorrogalo cada curso.
O período de proba de convivencia será dun mes.

Selección:
Os solicitantes serán convocados a unha entrevista persoal.

A presentación da solicitude para a participación no programa implica a aceptación das bases e das decisións que sobre o mesmo tome a Xunta Directiva de INCUDE.

>>> SOLICITUDE <<<

22/06/17

Peche do curso

Pechamos este curso 2016-2017 coas actividades da Olimpiada de Xogos de INCUDE (incude.udc,es):

Xoves 22 de xuño
Xogos de Taboleiro
Colonos de Catán ás 18,30.
Carcasonne ás 20,00.

Venres 23 de xuño
Xogos diversos antes da noite de San Xoan
Mancala ás 19,00
Worms e Habilidades na Wii ás 19,00 (de balde para os socios do CIDU).

Domingo 25 de xuño
Xornada de Xogos de Taboleiro:
Trivial ás 18,00.
Cluedo ás 19,00.
Risk ás 20,00.

Martes 27 de xuño
Dominó ás 19,30.

No que queda de semana tentaremos publicar as actividades de verán de INCUDE e CIDU, e as bases do "piso de xadrez".

06/06/17

Clasificacións Copa Galicia

Clasificacións da Copa Galicia celebrada no Sporting Club Casino os días 3 e 4 de xuño de 2017.

Categoría Cadete

1 Club Deportivo Xadrez Ourense
2 CXF - McDonalds
3 Algalia
4 Escola Tecnica de Xadrez
5 Alexandre Boveda Cadete
6 USC

Categoría Absoluta

1 Circulo Ferrolano
2 CXF Viaxes Interrias
3 Club Xadrez Rianxo
4 Circulo de las Artes A
5 Universitario de Ourense
6 Clubexa
7 CXF Banosprint
8 Recatelo Campus Terra Sin Traidores
9 Alexandre Boveda Absoluto
10 ADAS Barco
11 Algalia
12 Macondo A
13 Recatelo Campus Terra Club Guerrero
14 XDM Sigras
15 Dragan Paunovic
16 TDFC
17 CIDU
18 Escuela Tecnica de Ajedrez B
19 Club Xadrez Rianxo B
20 Escuela Tecnica de Ajedrez A
21 Macondo B

Fotos do evento no espazo de Facebook de @INCUDE

Información completa dos torneos en info64.org




05/06/17

Actividades deste mes de xuño

Actividades de xadrez e xogos de taboleiro de INCUDE neste mes:

* Torneo de Go.
Venres 9 de xuño ás 20,00.

* Torneo de Partidas a 5 minutos.
Venres 9 de xuño ás 20,30.

* Torneo de Partidas a 25 minutos.
Sábado 10 de xuño ás 17,00 17,50 18,40 19,30 e 20,20.

* Torneo de Damas.
Mércores 14 de xuño ás 20,00.

* Torneo de Partidas a 15 minutos.
Venres 16 de xuño ás 19,00.

Todo no CUR.

Mais información en incude.udc.es