17/06/19

ACTIVIDADES DE VERAN DE XADREZ

Estas son algunhas das propostas para actividades no verán.

REVISA A PÁXINA PARA VER AS PROPOSTAS QUE VAIAMOS ENGADINDO.

As que non indiquen outra cosa se realizarán no Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.) na Coruña.

O monitor será Héctor Rodríguez, presidente de INCUDE.

ACTIVIDADES FORMATIVAS

CLASES INICIACION ADULTOS 
Os martes e xoves de 19,30 a 20,30.
Dirixido a adultos que se estén iniciando e a rapaces que cursaran o curso nivel 1 de AGAX pero non superaran as probas finais.
Son 8 días de actividade.
Os interesados poden escoller entre unha das horas á semana (12 euros) ou asistir os dous días (20 euros).

CURSO INICIACION RAPACES 
Do luns 1 de xullo ao venres 5 de xullo de 11,00 a 14,00.
Dirixido a rapaces de iniciacion
Mínimo de inscricións para a súa realización: 4
Cota: 30 euros.

CURSO FINAIS BASICOS RAPACES 
Do luns 8 de xullo ao venres 13 de xullo de 11,00 a 14,00.
Mínimo de inscricións para a súa realización: 4
Cota: 30 euros.

SEMANA DE XOGOS 
Do luns 15 de xullo ao venres 19 de xullo de 10,00 a 14,00.
A semana de xogos combinará actividades de xadrez, damas e outros xogos de taboleiro.
E unha hora mais que nas semanas anteriores.
Para todas as idades
Os participantes recibirán un pequeno taboleiro de xadrez.
Mínimo de inscricións para a súa realización: 4
Cota: 40 euros.

Recomendamos a xente anotada ou non nestas actividades que se una ao Grupo de Whatsapp de Torneos na seguinte ligazón:
https://chat.whatsapp.com/Gzt1LwkgbhYJX2f19PTdPU

INSCRICIONS NAS ACTIVIDADES PROPOSTAS

Ademais do indicado teremos diferentes actividades, como outra semana de clases a finais de agosto e torneos diversos.

TORNEOS AMIGABLES

CIRCUITO DE TORNEO DE RAPIDAS 
Torneos a celebrar os seguintes venres: 21 e 28 de xuño e 5, 12 e 19 de xullo.
De 20,30 a 21,30 no Centro Universitario de Riazor.
Para todos os interesados.
Cota de 1 euro por participar e trofeo para o vencedor de cada torneo e do circuito final.

XXVII TORNEO UNIVERSITARIO DE RAPIDAS
25 de xuño
Ás 20,30 no Centro Universitario de Riazor.
Para todos os interesados.
Cota de 1 euro. Trofeo para o vencedor.

TORNEO ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO
6  de xullo
Ás 12,00 na Praza do Concello de Vimianzo.
Para todos os interesados.
De balde. Trofeo para o vencedor.

Para calquera dúbida sobre os torneos contactar por correo electrónico en escola@xadrezuniversitario.org

Mais actividades culturais en incude.udc.es