29/01/21

SEGUNDO TORNEO DO CIRCUITO

Hoxe temos o segundo torneo do Circuito de Inverno.

Lembrade que a participación é aberta (non só para universitarios e/ou socios).

E que podes participar no noso club de chess.com para eventos abertos.

Torneo 29 de xaneiro, ás 21,30

https://www.chess.com/live#t=2018016

26/01/21

Primeira proba do circuito de inverno


O pasado venres comezou o Circuito de Inverno que organiza INCUDE.

O vencedor e primeiro lider foi RoiandRoll, nick que corresponde ao estudante de socioloxía Rodrigo Pena.

14 xogadores concorreron a esta primeira proba. Lembramos que o Circuito de Inverno disputarase en formato online ata mediados de marzo. Logo xa veremos se o de primavera pode facerse presencial.



22/01/21

CIRCUITO DE INVERNO

Coa situación actual o circuito de inverno que organiza INCUDE será os venres ás 21,30 na plataforma chess.com.

O circuito constará de 6 probas que serán suizos con partidas a cinco minutos.

Realizaremos unha clasificación de circuito do xeito cotián, valorando os cinco primeiros postos.

O vencedor do circuito levará un trofeo.

A participación é de balde.

Días de probas 

22 de xaneiro:

https://www.chess.com/live#t=2001867

29 de xaneiro

5 de febreiro

26 de febreiro

5 de marzo

12 de marzo

15/01/21

Resultados Torneos de Outono

Modalidade Online:

 

Torneo de Outono Individual

Ligazón a resultados

1º Rodrigo Pena Barbeito (RoiandRoll)

2º Jesús Rodríguez (Lazareto)

3º Daniel Codesido Sánchez (danidt)


Torneo de Outono por equipos

Ligazón a resultados

1º XDM

2º Sigrás

3º CIDU

Torneo de Rápidas


Torneo Pasapezas

Ligazón a resultados

Parella vencedora:

Francisco Pedreira Giralda (franpedre)

Rodrigo Pena Barbeito (RoiandRoll)


Actividades presenciais:


Partidas Rápidas

Vencedor Daniel Codesido Sánchez


Actividades Sub8

Premio para Simón García


Actividades Sub10

Premio para Rubén Troiteiro


Actividades Sub12

Premio para Marcos Rial


03/01/21

COTAS SOCIAIS 2021 E FEDERACION

Este ano vai ser seguramente, como o pasado, complicado para as competicións oficiais da Federación Galega de Xadrez.

A Federación proxecta iniciar a Liga no mes de marzo, segundo como teñamos a situación da COVID, pero nos próximos días teremos que indicar o número de equipos que imos presentar a esta competición.

Así que aproveitamos a renovación das licenzas, para facer unha enquisa (collimos gusto por elas co confinamento) e saber os interesados en xogar e as condicións.

Lembramos que contar coa licenza federativa é obrigatorio para participar en prácticamente todas as actividades que realizamos.

A cota conxunta de socio en CIDU e INCUDE é de 25 euros. Este ano non teremos cota reducida para asistentes á escola.

Os socios este ano recibirán:

1. Licenza da Federación Galega de Xadrez.
2. Camisola do CIDU.
3. Máscara lavable con motivo de xadrez.
4. Salvaorellas.
5. Pequena folla informativa mensual con exercicios de xadrez.
6. Bote de xel desinfectante para levar ás partidas.

Agradecemos que fagades a inscricion pronto polas peculiares características deste ano e saber cantos equipos podemos presentar.